Mariano Hinojal Olmedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariano Hinojal Olmedo
Nacemento22 de xullo de 1887
Lugar de nacementoTudela de Duero
Falecemento1944
Lugar de falecementoAlbacete
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Mariano Hinojal Olmedo, nado en Tudela de Duero (provincia de Valladolid) o 22 de xullo de 1887 e finado en Albacete en 1944, foi un industrial e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Facundo Hinojal, industrial establecido en Pontevedra. Foi membro da directiva do Círculo Católico de Obreros de Pontevedra en 1913.[1] Pertenceu ao Partido Maurista e foi elixido vogal do Comité Maurista de Pontevedra en 1919,[2] sendo elixido concelleiro en 1920.[3] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Pontevedra e elixido segundo tenente alcalde en marzo de 1924.[4] Foi elixido secretario da Unión Patriótica de Pontevedra o 8 de setembro de 1924.[5] Logo da dimisión do alcalde Eusebio Lerones e dos membros da Comisión Permanente por discrepancias co gobernador a mediados de setembro,[6] foi nomeado alcalde de Pontevedra o 17 de setembro de 1924.[7][8] Permaneceu no cargo durante a ditadura. Dimitiu en outubro de 1928 e marchou coa familia para Valladolid.[9] Foi membro da Asociación Patronal Agrícola de Valladolid.[10] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inspector rexional de propaganda de FET y de las JONS en Palencia.[11]


Predecesor:
Eusebio Lerones Balbás
 
Alcalde de Pontevedra
 
1924 - 1928
Sucesor:
Manuel Lesteiro Martínez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Tudela del Duero con Benita Martín Méndez en 1915.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de la Verdad, 18-12-1913, p. 1.
  2. El Progreso, 14-1-1919, p. 2.
  3. Galicia Nueva, 26-12-1920, p. 4.
  4. El Progreso, 30-3-1924, p. 3.
  5. El Pueblo Gallego, 10-9-1924, p. 7.
  6. El Compostelano, 17-9-1924, p. 1.
  7. Galicia, 18-9-1924, p. 1.
  8. El Progreso, 18-9-1924, p. 3.
  9. El Diario de Pontevedra, 20-10-1928, p. 2.
  10. Noticiero de Soria, 2-7-1936, p. 1.
  11. El Día de Palencia, 13-9-1937, p. 2.
  12. El Progreso, 28-10-1915, p. 2.