Marian Keyes
(2022) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de setembro de 1963 Limerick, Irlanda |
| Educación | Universidade de Dublín |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Dún Laoghaire |
| Ocupación | escritora, poeta avogado, novelista |
| Período de actividade | 1993 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Sitio web | mariankeyes.com |
Marian Keyes, nada en Limerick o 10 de setembro de 1963, é unha popular escritora e columnista irlandesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marian Keyes criouse en Dublín. Graduouse en Dereito na University College de Dublín e logo deulle “un bo uso” ao título marchando a Londres a traballar como camareira. Estivo traballando como contable cando comezou a escribir pequenas historias sen intención ningunha de escribir unha novela (“levaríalle moito tempo”). Enviou varios manuscritos a unha editorial, que logo de botar unha ollada aos seus escritos decidiron publicar Claire queda soa; así naceu a súa carreira como escritora. Marian Keyes recuperouse do seu alcoholismo, unha das tantas experiencias das que se serve para escribir sobre temas tan duros e de actualidade como a infidelidade, o divorcio, a adicción ás drogas ou a perda dun ser querido.
Está considerada como unha das creadoras da “literatura para mulleres”. A primeira novela de Keyes, Claire queda soa (Watermelon), publicouse en Irlanda no ano 1995. Desde entón leva publicado sete novelas máis e dúas coleccións de literatura non de ficción. As vendas dos seus libros chegan xa os 15 millóns de copias e foron traducidas a 30 idiomas distintos.
Actualmente Marian vive co seu marido, Tony, en Dublín, despois de volver de Londres en 1997.