Maria Beneyto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maria Beneyto
Nome completoMaria Beneyto i Cuñat
Nacemento1925
 Valencia
Falecemento15 de marzo de 2011
 Valencia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoetisa e escritora
editar datos en Wikidata ]

Maria Beneyto Cuñat, nada en Valencia en 1925 e finada no mesmo lugar o 15 de marzo de 2011, foi unha escritora valenciana en lingua catalá e castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A idade de tres anos marchou coa súa familia a Madrid, cidade onde permanecería ata 1937 cando volve a Valencia. A súa obra inicial vai ser en castelán, Canción olvidada (1947) e Eva en el tiempo (1952). Nos anos cincuenta publicou os seus dous primeiros poemarios en valenciano Altra veu (1952) e Ratlles a l'aire (1956). En 1958 publicou a súa primeira obra en prosa, a novela en castelán La promesa.

A mediados da década dos sesenta volve a publicar en valenciano, cando saen ó prelo as novelas La gent que viu al món (1966) e La dona forta (1967). En 1977 publicou o poemario Vidre ferit de sang, e a continuación deixou de publicar durante anos ata que en 1993 editou Antologia poètica e os poemarios en valenciano Després de soterrada la tendresa ePoemes de les quatre estacions e en castelán Archipiélago (poesía inédita 1975-1993), Nocturnidad y alevosía e Hojas para algún día de noviembre, e unha Antología poética. En 1994 apareu un novo poemario, Para desconocer la primavera.En 1997 publicou a antoloxía Poesia (1952-1993) e un novo poemariio: Elegies de la pedra trencadissa.

No ano publicou o 2003 publicou o seu último poemario: Bressoleig a l'insomni de la ira. Ó longo da súa literaria figurou en numerosas escolams como Les veus de la medusa (1991), Paisatge emergent. Trenta poetes catalanes del segle XX (1999), Contemporànies. Antologia de poetes dels Països Catalans (1999) ou Homenatge a la paraula. Vint-i-cinc anys de poesia al País Valencià (1999), entre outras. É unha das principais figuras - xunta Vicent Andrés Estellés, Carmelina Sánchez-Cutillas ou Joan Fuster - da xeración poética valenciana dos cincuenta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]