Marguerite Williams
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1895 Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Morte | 17 de agosto de 1991 (95 anos) |
Lugar de sepultura | Lincoln Memorial Cemetery (en) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade Católica de América - Doutora en filosofía (–1942) Universidade Columbia - mestría en artes (–1930) Universidade Howard (pt) - grao en Artes (–1923) Normal School for Colored Girls (en) (–1916) |
Tese académica | A history of erosion in the Anacostia drainage basin (en) |
Director de tese | Arthur R. Barwick (en) |
Actividade | |
Ocupación | xeóloga, escritora, mestra |
Empregador | Normal School for Colored Girls (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Familia | Thomas family (en) |
Marguerite Thomas Williams, nada en Washington D.C. o 24 de decembro de 1895 e finada en 1991,[1] foi unha xeóloga estadounidense.[2] Foi a primeira afroamericana en doutorarse en xeoloxía nos Estados Unidos.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Williams ensinou en Washington en 1895 en escolas primarias, durante sete anos; antes de gañar un grao na Universidade Howard en 1923.[3] Williams foi discípula do biólogo afroamericano Ernest Everett Just.[1] Traballou como profesora asistente de xeoloxía no Miner Teacher's (agora parte da Universidade do Distrito de Columbia) en Washington, D.C. entre 1923 e 1933.[4] Recibiu unha licenza para cursar o seu máster en xeoloxía na Universidade de Columbia, que completou en 1930.[2]
Tese
[editar | editar a fonte]En 1942, completou o seu doutoramento cunha tese na Universidade Católica. O título da súa tese foi A History of Erosion in the Anacostia Drainage Basin[5] e foi publicada pola Catholic University of America Press.[6][7] Na tese, Williams buscou explorar os factores que finalmente operan na erosión observada no río Anacostia. Concluíu que ademais da erosión natural, as actividades humanas, incluíndo a deforestación, a agricultura e a urbanización aceleraron o proceso.[8][3]
Carreira
[editar | editar a fonte]Williams pasou a maior parte da súa carreira ensinando cursos de xeoloxía e ciencias sociais.[2] Ademais de ensinar no Miner Teacher's College (1923-1933), tamén ensinou na Universidade de Howard durante a década de 1940[2] e se retirou en 1955.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dr. Marguerite Thomas Williams". Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Black Women Scientists in the United States. Bloomington: Indiana University Press. 2000. p. 267. ISBN 0253336031.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 The Biographical Dictionary of Women in Science. New York: Routledge. 2000. p. 1382. ISBN 0415920388.
- ↑ "The Faces of Science: African Americans in the Sciences". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2006. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ Williams, Marguerite. "A History of Erosion in the Anacostia Basin". World Cat. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ "The Earliest Ph.D. Awards to Blacks in the Natural Sciences". 30 de marzo de 1997. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ A History of Erosion in the Anacostia Drainage Basin. Maryland and Washington, DC: Catholic University of America Press. 1942.
- ↑ Williams, M.T. 1942. A History of Erosion in the Anacostia Drainage Basin. OP31248 University Microfilms International, The Taylor Family Digital Library
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marguerite Thomas Williams na páxina web Mujeres y Geología