Margaret Lin Xavier
Margaret Lin Xavier | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1898 |
Falecemento | 6 de decembro de 1932 |
Causa | Encefalite |
Alma máter | London School of Medicine for Women |
Ocupación | médica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Margaret Lin Xavier ou Khun Ying Srivisanvaja, nada en Bangkok o 29 de maio de 1898 e finada o 6 de decembro de 1932, coñecida como Dr. Lin, era unha médica tailandesa .[1] Foi a primeira muller tailandesa en recibir un grao en medicina.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Margaret Lin Xavier era filla de Celestino Maria Xavier, coñecido como Phraya Sri Phipat Kosa, o Baixo-Secretario de Estado para Asuntos Estranxeiros, e Kim Kee.[3] Foi enviada a estudar ao convento do Sacro Corazón de Jesús en Singapura. Cando o seu pai foi destinado ao estranxeiro como embaixador de Tailandia en Italia, Lin Xavier ingresou no Clark's Commercial College de Londres. Despois aprobou a matrícula e entrou na London School of Medicine for Women e no Royal Free Hospital. Obtivo o título de MBBS, MRCS e LRCP.[1]
Carreira[editar | editar a fonte]
Tras a morte do seu pai, Xavier regresou a Tailandia en 1924 e converteuse en obstetra e traballou para a Sociedade Tailandesa da Cruz Vermella, o King Chulalongkorn Memorial Hospital e o centro médico do distrito de Bang Rak, dependente do Ministerio de Saúde Pública. [3]Tamén estableceu unha clínica médica chamada " Unakan" coa súa medio irmá Chan Xavier como farmacéutica da clínica.
Xavier atendía a pacientes de todas as clases sociais, non só da aristocracia tailandesa. Como o centro médico de Bang Rak era para o tratamento de enfermidades de transmisión sexual, moitas dos seus pacientes eran traballadoras do sexo empobrecidas, ás que atendía gratuitamente.[3] Mesmo cando aleitaba, Margaret seguía traballando, indo a casa a aleitar a metade da xornada laboral e volvendo ao traballo pola tarde. Optou por aleitar aos nenos ela mesma, a pesar de que unha muller do seu status naquela época contrataría a axuda dunha ama de cría.[3]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O 29 de maio de 2020, Google celebrou a súa vida cun Google Doodle.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Srisuwan, Artyasit (15 de novembro de 2018). "คุณหมอมากาเร็ต ลิน เซเวียร์ แพทย์หญิงคนแรกของเมืองไทย" [Dr. Margaret Lin Xavier – Thailand's first female doctor]. The Matter. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ Chiumkanokchai, Chariya (8 de abril de 2019). "Tackling online gender bias". Bangkok Post. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 นารีผู้มีคุณ [Virtuous Women]. The National Identity Office, Secretariat of the Cabinet of Thailand. 1992.
- ↑ . 29 de maio de 2020 https://www.google.com/doodles/celebrating-margaret-lin-xavier-lin-srivisarnvaja. Falta o
|title=
(Axuda)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Margaret Lin Xavier, médica no blog Mujeres con ciencia.