Marco Mezquida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marco Mezquida
Marco-Mezquida DSC08544.jpg
Nacemento11 de marzo de 1987
Lugar de nacementoMaó
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Superior de Música de Catalunya
Ocupaciónpianista
editar datos en Wikidata ]

Marco Mezquida nado en Maó (Menorca) o 11 de marzo de 1987, é un pianista balear.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de dous profesores, ós sete anos comezou a estudar piano na escola municipal de Maó con Tomé Olives e Ricard Ramisa. Máis tarde estudou jazz, improvisación, piano clásico e órgano. Licenciouse no 2009 na Escola Superior de Música de Catalunya, na carreira de piano. Completou a súa formación asisitindo a seminarios e master class con músicos de prestixio coma Fred Hersch, Dave Kikoski, John Taylor, Wolfgang Hörlin ou Aaron Goldberg[1].

Dende moi novo posicionouse coma un músico valorado dentro do panorama do jazz e das músicas improvisadas.

Ten actuado nos auditorios e salas de máis prestixio do mundo. Ademais ten colaborado como acompañante de diversos artistas, bailaríns e solistas, coma por exemplo Lee Konitz ou Silvia Pérez Cruz.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Live at Palau de la Música (2018)
  • Orrius Concert (2018)
  • Ravel’s Dreams (2017)
  • Live at Terrassa (2015)
  • Amateur (2015)
  • La hora fértil (2013)


Dúos[editar | editar a fonte]

  • Conexión (2017) e No hay dos sin tres (2019) co guitarrista flamenco Juan Gómez ‘Chicuelo’
  • Sings My Heart (2017) coa vocalista Juliane Heineman
  • Live at Sunset (2017) co pianista Albert Bover
  • Cantabile(2015) co saxofonista Bill McHenry.
  • Two Lonely People (2011) e Llunátics (2015) coa vocalista Celeste Alías
  • My Old Flame (2014) co contrabaixista Manel Fortiá
  • Miscelánea (2011) co frautista Pablo Selnik

Tríos[editar | editar a fonte]


Premios[editar | editar a fonte]

  • Ciutat de Barcelona 2019
  • Personaxe relevante da vida menorquina 2018
  • Enderrock ó mellor disco de jazz 2017, por M A P[2]
  • Altaveu 2015

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]