Marco Antistio Labeón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I a. C. |
| Morte | 10 |
| Senador romano | |
| Senador | |
| | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Dereito romano e dereito privado |
| Ocupación | xurista, avogado, político, escritor |
| Período | República Romana Tardía e Alto Imperio Romano |
| Profesores | Caio Trebácio Testa (pt) |
| Familia | |
| Pai | Pacuvius Antistius Labeo |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Marco Antistio Labeón, nado no -43 e finado no 10 ou 11, foi un xurista romano contemporáneo de Augusto, discípulo de Gaio Trebacio Testa e fundador da escola proculeiana, antes que o seu rival Capitón, quen o considera legum atque morum populi romani iurisque civiles adprime doctior.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labeón é, en efecto, o xurista máis insigne dos primeiros anos do Principado; con el iníciase a etapa clásica central, ou de apoxeo, do Dereito romano. O seu pai (Pacuvio Labeón), xurista tamén, fora un fervoroso republicano, amigo de Bruto, e un dos primeiros en se conxurar contra Xulio César, morrendo pola súa propia man trala derrota de Filipos. Labeón permaneceu fiel ao ideal republicano herdado do seu pai; por esta razón, apenas ascendeu no cursus honorum: o ano 18 formou parte da comisión encargada por Augusto de facer unha nova lista de senadores (lectio senatus); obtivo a pretura, pero rexeitou o consulado que lle ofreceu Augusto, dedicándose de maneira total á súa vocación de xurista.
Escritor fecundo e orixinal, versado en gramática, literatura, filosofía e dialéctica, Labeón deixou unha obra inmensa, en máis de 400 libros, dos que se conservan referencias a través doutros xuristas (Ulpiano, Paulo, Xuliano), que citaban as súas opinións, o que permite apreciar a autoridade e o influxo das súas obras na xurisprudencia posterior.
Obras
[editar | editar a fonte]- Libri de iure pontificio.
- Responsa.
- Epistulae.
- Pithana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A. FERNÁNDEZ BARREIRO. Marco Antistio Labeón
- A. PERNICE, Labeo, I, Halle 1873, 7 ss.
- P. DE FRANCISCI, Storia del Diritto romano, Milán 1944, 417 ss.
- W. KUNKEL, Herkunft und soziale Stellung der römischen Juristen, Weimar 1952, 32 ss.
- L. WENGER, Die Quellen des römischen Rechts, Viena 1953, 496 ss.
- A. GUARINO, Labeone giurista meridionale, «Labeo» I, Nápoles 1955, 49 ss.
- V. ARANGIO-RUIZ, Storia del Diritto romano, Nápoles 1957, 278 ss. ; 293.