Marcelino Martínez Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Vilalba, España |
Morte | novembro de 1957 (79/80 anos) Vilalba, España |
Alcalde de Vilalba | |
4 de marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← Antonio Peña Novo | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Marcelino Martínez Castro, nado en Vilalba en 1877 e finado no mesmo concello en novembro de 1957, foi un político republicano galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo emigrado en Cuba. Foi concelleiro en Vilalba durante a primeira etapa da ditadura de Primo de Rivera e foi presidente do Centro de Artesanos (1926). Durante a Segunda República foi Presidente da Organización Republicana Agraria de Villalba, integrada na ORGA. Logo do triunfo do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro gobernativo e elixido alcalde de Vilalba o 4 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no cárcere de Lugo o 3 de agosto, foi xulgado en Lugo por traizón, permanecendo en prisión ata o 9 de abril de 1937. Finou en Vilalba en novembro de 1957.[2]
Predecesor: Antonio Peña Novo |
Alcalde de Vilalba 1936 - 1936 |
Sucesor: Manuel Pena Vidal |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Carballeira Goldeiros, filla de José Carballeira Fraga.