Marc Perrodon
Marc Perrodon | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de agosto de 1878 |
Lugar de nacemento | Vendôme |
Falecemento | 22 de febreiro de 1939 |
Lugar de falecemento | Beauvais |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | esgrimista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marc Perrodon, nado en Vendôme o 31 de agosto de 1878 e finado en Beauvais o 22 de febreiro de 1939, foi un militar, tirador deportivo e tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1907 logrou o primeiro posto no campionato militar de Francia en tiro con revólver. e foi o primeiro no torneo militar da Haia en sabre por equipos. Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres, quedando cuarto no concurso de sabre por equipos, nese ano revalidou o seu primeiro posto no campionato militar en tiro con revólver. En 1909, 1910, 1912, 1913, 1914, 1922 e 1924 foi campión militar francés de sabre e en 1912, 1920, 1922 e 1923 volveu repetir como campión de tiro con revólver. Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Antuerpen logrou unha medalla de prata en sabre por equipos. En 1923 quedou en segundo lugar nos campionatos militares europeos en sabre e nos campionatos do mundo da Haia e en 1924 foi primeiro nos campionatos nacionais en sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan foi árbitro internacional.
- Nados en 1878
- Finados en 1939
- Esgrimistas olímpicos de Francia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de prata por Francia
- Militares de Francia
- Tiradores de Francia
- Nados no departamento de Loir e Cher
- Esgrimistas de sabre
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Árbitros de esgrima
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924