Marc Montalvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montalvo
Información persoal
Nome Marc Montalvo Antequera
Nacemento 9 de abril de 2002
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Gimnàstic de Tarragona
Número 8
Carreira xuvenil
2010–2021 Gimnàstic de Tarragona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021–2022 La Pobla de Mafumet 26 (0)
2022– Gimnàstic de Tarragona 44 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Marc Montalvo Antequera, nado en Riudoms o 9 de abril de 2002 é un futbolista español que xoga como centrocampista no Gimnàstic de Tarragona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na canteira do Gimnàstic de Tarragona en setembro de 2010, con oito anos.[1] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, ata que en 2021 pasou ao filial do club, o La Pobla de Mafumet, da Terceira División RFEF.[2]

O 6 de febreiro de 2022 debutou co primeiro equipo do Nàstic na Primeira División RFEF, substituíndo a Pedro del Campo nunha vitoria por 1-0 ante o Real Madrid Castilla.[3] Para a tempada 2022/23 subiu definitivamente ao primeiro equipo,[4] facéndose coa titularidade por diante de Del Campo e da nova fichaxe Ander Gorostidi. Formou parella de mediocentros xunto a Eric Montes e converteuse no xogador máis destacado do equipo.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morato, Nil (5 de xullo de 2021). "Romero, Lorca y Montalvo harán la pretemporada con el primer equipo" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  2. "Un empat que cal valorar" (en catalán). 6 de setembro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  3. "Nàstic 1-0 Real Madrid Castilla" (en catalán). 6 de febreiro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  4. "Marc Montalvo, jugador del primer equip 2022-2023" (en catalán). 5 de xullo de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  5. "Marc Montalvo se apodera del medio del campo con esfuerzo y constancia" (en castelán). 2 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023. 
  6. "El año de Marc Montalvo: el jugador más destacado del Nàstic" (en castelán). 23 de maio de 2023. Consultado o 13 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]