Marc Martí
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Marc Martí Moreno 1 de outubro de 1966 (58 anos) Molins de Rei, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, copiloto |
Deporte | rally |
Participou en | |
1996, 2020 | Campionato de España de Rallys de Terra (1º) |
Marc Martí Moreno, nado en Molins de Rei, Barcelona, o 1 de outubro de 1966, é un copiloto de rallys que traballou con pilotos como Carlos Sainz e, desde 2005, con Daniel Sordo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa estrea profesional foi co piloto catalán Oriol Gómez en diferentes equipos, como Peugeot, Renault e SEAT, e gañou o Campionato de España en 1994. Máis tarde fichou polo equipo de Citroën e converteuse en copiloto de Jesús Puras, co que tamén chegou a gañar o Campionato de España en varias ocasións. No ano 2003, ao se retirar o copiloto de Carlos Sainz, Luís Moya, Marc Martí converteuse no seu substituto e participou con el no Campionato do Mundo de 2004, onde rematou en terceira posición e logrou algunhas vitorias, como o Rally de Turquía. A seguinte tempada rematou na cuarta posición e acadou a vitoria no Rally da Arxentina.
Coa retirada de Sainz no ano 2005, Marc copilotou para Daniel Sordo, co que foi campión mundial júnior e campión de España cun Citroën C2. Desde a tempada de 2006 Marc é o copiloto de Daniel Sordo no Campionato do Mundo co equipo oficial de Citroën.
No ano 2010, antes do Rally de Alemaña, Marc decidiu rematar a súa etapa con Dani Sordo e cedeu o posto a Diego Vallejo e algunhas semanas máis tarde volveu ao mundial co piloto andorrano Albert Llovera[1]. No ano 2010 foi copiloto do chileno Eliseo Salazar. No ano 2014 volveu formar equipo de novo con Daniel Sordo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martí regresa al WRC con Albert Llovera". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2016.