Saltar ao contido

Marae de Taputapuatea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMarae de Taputapuatea
Imaxe
Tipomarae (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTaputapuatea, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 16°50′10″S 151°21′33″O / -16.8361, -151.3592
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 2.124 ha
zona de protección: 3.363 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2017 (41ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador1529

O Marae Taputapuatea é un gran complexo de marae en Opoa en Taputapuatea, na costa sueste de Raiatea. O sitio presenta unha serie de maraes e outras estruturas de pedra e anteriormente considerouse o templo central e centro relixioso da Polinesia Oriental. En 2017, a zona de Taputapuatea e o complexo marae foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO debido á súa importancia política e relixiosa e ao seu testemuño da cultura tradicional da Polinesia oriental.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O complexo de marae sitúase ao final dunha península que se adentra na lagoa que rodea Raiatea.[1] O centro do conxunto alberga o propio marae, un patio rectangular pavimentado con basalto e que mide 44 por 60 metros.[2] No extremo leste do marae atópase o ahu, unha plataforma de basalto e coral que se usa para as cerimonias.[2] Outros marae están dentro do complexo marae, incluíndo o marae Hauviri, que se utilizaba para nomear xefes.[2]

A zona sagrada do cabo Matahira-i-te-ra'i chámase Te Po, onde residen os deuses. O marae orixinal estaba dedicado a Ta'aroa (o creador supremo), aínda que finalmente prevaleceu o culto a 'Oro (o deus da vida e da morte). Segundo a lenda, 'Oro descendente de Hiro, construíu o marae, dándolle o nome de Taputapuatea, 'Sacrificios de lonxe'. O tambor Ta'imoana utilizábase durante os sacrificios humanos. A rocha branca Te Papatea-o-Ru'ea na praia próxima (actualmente parte do marae Hauviri) usouse para investir aos xefes de Ra'iatea co cinto de plumas vermellas maro 'ura. A imaxe do deus de 91´5 cm. de altura chamábase 'Oro-maro-'ura, 'Oro do cinto de plumas vermellas. Taputapuatea converteuse no centro dunha rede de viaxeiros a medida que se estendeu o culto ao 'Oro.[3][2]

O marae puido crearse xa no ano 1000 d. C., e ampliouse e reconstruíuse polo menos en dúas ocasións separadas entre os séculos XIV e XVIII.[2] O marae era un lugar de aprendizaxe onde sacerdotes e navegantes de todo o Pacífico reuníanse para ofrecer sacrificios aos deuses e compartir o seu coñecemento das orixes xenealóxicas do universo e da navegación nas profundidades oceánicas.

Unha alianza coñecida como Ti'ahuauatea estableceuse nos séculos XVII e XVIII coas illas circundantes demarcando as ao oeste de Ra'iatea, Te Aotea, e as ao leste, Te Aouri. Esta alianza incluía as Illas Cook, as Austrais, Kapukapuakea en Hawai e Taputapuatea en Nova Zelandia. Establecéronse novos marae en cada unha destas illas elixiuse unha rocha de Taputapuatea, Raiatea, para actuar como vínculo espiritual. Sacerdotes, xefes e guerreiros das outras illas reuníanse en Raiatea periodicamente para manter a alianza, participando en sacrificios humanos a 'Oro.[3][1] Con todo, a alianza finalmente rompeuse, cando estalou unha disputa nunha reunión e os dous principais sumos sacerdotes que representaban á alianza foron asasinados. A xente de Ao-tea fuxiu da illa, saíndo polo paso do arrecife de Te Ava-rua en lugar do paso sagrado de Te Ava-mo'a, que era considerado un mal presaxio. En 1995 intentouse curar este mal.[3]:35

Ao redor de 1763, os guerreiros de Bora Bora atacaron a illa, derrotando a Tupaia e saquearon a illa. Isto incluíu destruír as casas dos deuses en Taputapuatea, destruír a plataforma e cortar as árbores que abrigaban.[3]:36 James Cook, Joseph Banks, Daniel Solander e Tupaia chegaron a bordo do Endeavour o 20 de xullo de 1769, para tomar posesión de Raiatea, Taha'a, Huahine e Bora Bora en nome de Rei Xurxo III do Reino Unido. Esta parecía ser a culminación dunha profecía feita polo sacerdote mago Vaita de que un pobo novo chegaría a bordo dunha canoa sen un balancíns e tomaría posesión das illas.[3]:209–210 A principios do século XIX, os misioneiros chegaron á illa, e o complexo de marae abandonouse pouco despois [2]

Investigación e restauración

[editar | editar a fonte]
Vista dun marae no complexo arqueolóxico de Taputapuatea, restaurado en 1994

Cando Te Rangi Hīroa visitou Taputapuatea en 1929 quedou espantado polo estado de desolación no que atopou este gran marae e escribiu:

Peregrinei a Taputapu-atea, pero os mortos non podían falar comigo. Foi triste ata o bordo das bágoas. Sentín un profundo arrepentimento, un arrepentimento por... non sabía que. ¿Foi polo bater dos tambores do templo ou polo berro do pobo mentres elavaban ao rei en alto? Foi polos sacrificios humanos dos tempos antigos? Non era por ningún destes individualmente, senón por algo detrás de todos, algún espírito vivente e coraxe divina que existían nos tempos antigos dos que Taputapu-atea era un símbolo mudo. Era algo que os polinesios perdemos e non atopamos, algo que anhelamos e non podemos recrear. O trasfondo no que se enxendrou ese espírito cambiou máis alá da recuperación. O vento sombrío do esquecemento varrera sobre Opoa. A herba estranxeira creceu sobre o patio sen coidado, e as pedras caeran do altar sagrado de Taputapu-atea. Os deuses marcharan hai moito tempo.[4]

Os restos arqueolóxicos de Marae Taputapuatea restauraronse en 1994 e continúan os traballos para preservar o sitio.

A Asociación Na Papa E Va'u Raiatea é unha asociación cultural formada polo pobo de Opoa que actúa pola preservación do Marae Taputapuatea.[3]:31 Grazas ao seu traballo, o Marae Taputapuatea figura na lista na Lista do Patrimonio Mundial desde o 9 de xullo de 2017. A asociación está a crear e revivir conexións entre as comunidades do triángulo polinesio e en toda a rexión do Pacífico.

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Taputapuātea". United Nations Edicational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Taputapuātea (France): No. 1529 (Informe). 10 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Salmond, Anne (2010). Aphrodite's Island. Berkeley: University of California Press. pp. 26-27. ISBN 9780520261143. 
  4. Buck, Peter H. (1938). Lippincott, ed. Vikings of the Sunrise. Filadelphia. pp. 81–82. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Finney, Ben (2000). "The Sin at Awarua". En Hanlon, David L.; Geoffrey Miles White. Voyaging through the Contemporary Pacific. Pacific Formations. Rowman & Littlefield. pp. 298–332. ISBN 0-7425-0045-4. 
  • Howe, K. R., ed. (2007). "Navigation". Vaka Moana: Voyages of the Ancestors. Honolulu: University of Hawaii Press. ISBN 978-0-8248-3213-1. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]