María del Carmen Gueimunde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María del Carmen Gueimunde González»)
Infotaula de personaMaría del Carmen Gueimunde
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María del Carmen Gueimunde González, nada en Viveiro o 7 de setembro de 1968, é unha política galega, foi a primeira muller que ocupou acta no Senado pola provincia de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neta de José Gueimunde López que foi alcalde de Viveiro no franquismo. Profesora de Secundaria, iniciou a súa carreira política co PPdeG no ano 2007, cando formou parte da candidatura deste partido nas eleccións municipais no concello de Viveiro. Saíu elixida concelleira. Foi Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

No 2008, presentouse como candidata ao Senado. Ao ser elixida nos comicios xerais do 9 de marzo , converteuse na primeira senadora da historia pola provincia de Lugo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]