José Gueimunde López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Gueimunde López
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Gueimunde López, coñecido como Pepé, nado en Viveiro en 1911 e finado no mesmo concello o 3 de febreiro de 1984,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xestor administrativo. Concelleiro de Viveiro e primeiro tenente alcalde, foi deputado provincial. Foi nomeado alcalde de Viveiro en 1967. Permaneceu no cargo até 1969. Foi presidente do Casino de Viveiro de 1943 a 1948 e entre 1967 e 1971.[2]


Predecesor:
Hermes Varela Álvarez de Toledo
 
Alcalde de Viveiro
 
1967 - 1969
Sucesor:
Antonio Meirás Goas

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Amparo Vila Álvarez e foi pai de Benigna, Francisco e José María Gueimunde Vila. É avó da senadora do PPdeG por Lugo María del Carmen Gueimunde.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-2-1982, p. 41
  2. La Voz de Galicia, Lugo, 5-2-1986, p. 23.