Pioneiras de Ciencias de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pioneiras de Ciencias de Lugo
Autor/aMaría Isabel Fernández García
OrixeGalicia
Linguagalego
Tema(s)científicas
Xénero(s)Ensaio
EditorialColectivo Egeria
Data de pub.novembro de 2021
Páxinas220
ISBN9788409317134
editar datos en Wikidata ]

Pioneiras de Ciencias de Lugo é un ensaio de María Isabel Fernández García publicado en 2021 editado polo Colectivo Egeria.[1]

Este libro amosa as traxectorias de 62 mulleres pioneiras na ciencia na provincia de Lugo, entre elas: Manuela Barreiro, primeira alumna na USC e primeira licenciada de Galicia; Ángela Pardo Celada, primeira xinecóloga e primeira doutora en Medicina; Rosa Manuela Torviso Monje, primeira profesora de Ciencias do Instituto de Lugo; Mª Paz Gasalla, primeira oftalmóloga; e María Teresa Fernández Rodríguez, primeira investigadora e profesora auxiliar de universidade.[2]

O libro pretende "Rescatar e poñer en valor a estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais, que nun número pequeno pero importante xa van formando parte do mundo científico e tecnolóxico".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estas fueron las científicas pioneras de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 30/11/2021. Consultado o 3/1/2022. 
  2. "Pioneiras". La Voz de Galicia (en castelán). 6/12/2021. Consultado o 3/1/2022. 
  3. "Pioneiras de Ciencias de Lugo | Colectivo Egeria". colectivoegeria.org. Consultado o 3/1/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]