María Sánchez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Sánchez Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Córdoba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinaria , escritora , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Sánchez Rodríguez; nada en Córdoba en 1989, é unha veterinaria de campo, poeta, narradora e feminista española.

En 2023 residía en Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Sánchez naceu en Córdoba en 1989. Toda a súa familia é da Serra Norte de Sevilla.[2] Filla e neta de veterinarios, é a primeira muller da súa familia en dedicarse a un oficio, veterinaria de campo, tradicionalmente desempeñado por homes.[3] Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Córdoba en 2014.[4] Mentres estudaba na Universidade, compaxinaba os seus estudos con libros de literatura e poesía.[5]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Traballa con razas autóctonas en perigo de extinción, defendendo o pastoreo e a gandaría extensiva.[6] Traballou no sector do caprino de leite varios anos. Traballou en ACRIFLOR, Asociación Nacional de Criadores de Gando Caprino de Raza Florida (denomínase Florida a raza polo seu moteado vermello na pel que lembra un campo de flores na primavera).[7][8] Particioua en eventos e conferencias sobre gandaría extensiva e medio rural.[9][10]

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

Reivindica o papel das mulleres no medio rural, como o da súa avoa e o da súa nai, sempre con labores considerados subalternas nun universo de poder masculino.[11] Tardou en recoñecerse nas figuras femininas que a rodeaban: “De moza quería ser un home. Eles eran a miña referencia”. Como escritora tamén lle pasaba: “Non hai narradoras do mundo rural porque as nenas deixaban a escola para axudaren no campo mentres os seus irmáns seguían estudando”.[7] Co seu oficio e coa súa narrativa reivindica o medio rural e a figura das mulleres no mesmo.[12][13][14]

Colabora habitualmente en medios dixitais e de papel sobre literatura, feminismo, gandaría extensiva e cultura e medio rural.[15] Coordina o proxecto Las entrañas del texto, desde o que convida a reflexionar sobre o proceso de creación, e Almáciga, un pequeno viveiro de palabras do medio rural das diferentes linguas da península ibérica.[16] [17]Colabora en Carne Cruda Radio, coa sección Notas de campo, un diario sonoro desde as marxes, cheo de historias, persoas e animais que habitan e coidan o medio rural.[18][6]

Os seus poemas foron publicados en revistas e antoloxías como Apuestas (La Bella Varsovia, 2014) e traducidos ao francés, portugués e ao inglés. En Cuaderno de campo (La Bella Varsovia, 2017), o seu primeiro libro, serviuse de historias familiares para compor un poemario.[19][20]

No seu libro Tierra de Mujeres (Seix Barral, 2019) aborda o traballo da muller no medio rural, a necesidade dun "futuro sostible", a importancia de preservar a gandaría extensiva e o mimo cara a unha linguaxe relegada.[21] Sen nostalxia nin prexuízos e cunha mirada crítica á inacción institucional e a un sistema que opaca as garantías locais na produción agroalimentaria.

No ano 2020 publica Almáciga. Un vivero de palabras de nuestro medio rural, un glosario poético ilustrado de palabras do medio rural, ilustrado por Cristina Jiménez.[22]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Caderno de campo (2017). La Bella Varsovia - poesía.[23]
  • Tierra de Mujeres (2019). Seix Barral - narrativa.[24]
  • Almáciga. Un vivero de palabras de nuestro medio rural (2020). Geoplaneta.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Orgullo Rural 2019 da Fundación de Estudos Rurais, pola súa defensa do mundo rural a través do seu labor como poeta, ensaísta, divulgadora e veterinaria de campo.[25]
  • Premio Nacional de Mocidade 2019 na categoría de Cultura, pola súa contribución a visibilizar con carácter modélico e innovador a necesidade de manter a vida no campo.[26]
  • Premio Córdoba en Igualdade 2020, o ámbito da arte e a cultura.[27]
  • Premio Fundación Princesa de Xirona Artes e Letras 2021, por «o seu labor como poeta, escritora e activista en defensa da cultura rural, e especialmente do papel esquecido das mulleres no campo».[28]
  • Premio Andaluces do Futuro 2021 na categoría Cultura.[29]
  • Medalla de Andalucía ao Mérito Medioambiental 2023.[30]
  • XLIV premio internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba 2024.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Sánchez: Al presentar un libro, han dicho de mí: 'Muy de campo no será si lleva los labios pintados' - XL Semanal". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024-02-08. 
  2. D'Angelo, Oriette (18 de junio de 2017). "María Sánchez: «El campo es una forma de resistencia», por Oriette D’Angelo ~" (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  3. "(Ser veterinaria no es ser mujer rural, ni mujer de campo) La escritora María Sánchez cree «hay más machismo en el mundo cultural que en el rural»" (en castelán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  4. "ACRIFLOR ASOCIACION NACIONAL DE CRIADORES DE GANADO CAPRINO DE RAZA FLORIDA". www.acriflor.org. Consultado o 2024-02-08. 
  5. Press, Europa (25 de febreiro de 2019). "María Sánchez aúna feminismo y mundo rural con 'Tierra de mujeres': "El campo es patrimonio, cultura y conocimiento"" (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 Calpena, Mar. "“La cocina de mi abuela era un espacio de resistencia”" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Marcos, Javier Rodríguez (11 de febreiro de 2019). "La literatura toma tierra". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  8. "María Sánchez: "Los comentarios más machistas que recibo vienen siempre de círculos culturales"". Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  9. "María Sánchez: "Las mujeres son las grandes olvidadas del campo"" (en castelán). 26 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de maio de 2020. 
  10. Igualdad. ""Los relatos del 'terror rural' hacen mucho daño al campo, ¿por qué no se habla del terror urbano?"" (en castelán). Consultado o 10 de mayo de 2020. 
  11. "María Sánchez: “No quería parecerme a mi madre o mi abuela, sí a los hombres, pero desperté"" (en castelán). 4 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  12. "María Sánchez: "Sin las mujeres, el campo hoy no existiría"" (en castelán). 31 de marzo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  13. ""Tengo que aprovechar mi posición para dar a conocer y servir de altavoz a todas las mujeres del mundo rural"". 2 de marzo de 2019. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  14. "Si en la ciudad las mujeres lo tienen difícil, en los pueblos mucho más" (en castelán). 7 de marzo de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  15. "María Sánchez" (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  16. "las entrañas del texto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  17. "La «Almáciga» de María Sánchez". Consultado o 2024-02-08. 
  18. "María Sánchez, mujeres de campo" (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  19. "María Sánchez: "Las mujeres son las grandes olvidadas del campo"" (en castelán). 26 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  20. Lugo, El Progreso de (25 de agosto de 2017). "María Sánchez: "El campo es mi narrativa invisible, donde surge todo"" (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  21. Tierra de mujeres - María Sánchez | Planeta de Libros (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  22. Córdoba, El Día de (31 de agosto de 2020). "La cordobesa María Sánchez publica 'Almáciga. Un vivero de palabras de nuestro medio rural'" (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  23. Sánchez, María (2017). Cuaderno de campo (Primeira edición ed.). La Bella Varsovia. ISBN 9788494500763. OCLC 987007666. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  24. Sánchez, María (2019). Tierra de mujeres : una mirada íntima y familiar al mundo rural (1. ed ed.). Seix Barral. ISBN 9788432234682. OCLC 1086243289. Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  25. "La Fundación de Estudios Rurales premia a María Sánchez por su defensa literaria del mundo rural" (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  26. "Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social - Gabinete de Prensa - Notas de Prensa". Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  27. Córdoba, El Día de (2 de marzo de 2020). "Las mujeres del ámbito rural, protagonistas de los premios Córdoba en Igualdad 2020" (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2020. 
  28. "María Sánchez Rodríguez, Premio FPdGi Artes y Letras 2021". Consultado o 2021-03-05. 
  29. Joly, Grupo. "Presenta tu candidatura a Andaluz del Futuro" (en castelán). Consultado o 2021-05-07. 
  30. Sevilla, Diario de (2023-02-21). "Estas son todas las Medallas de Andalucía 2023 concedidas por el Día de Andalucía" (en castelán). Consultado o 2023-02-21. 
  31. "María Sánchez gana el premio Julio Camba de periodismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-17. Consultado o 2024-02-08. 

Enlaces externos[editar | editar a fonte]