María José Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María José Salgueiro
María José Salgueiro 2012 (cropped).jpg
Nacemento23 de xuño de 1956
 Viveiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica, catedrática e funcionaria pública
editar datos en Wikidata ]

María José Salgueiro Cortiñas, nada en Viveiro o 23 de xuño de 1956 ,[1][2] é unha política galega, membro do Partido Popular e delegada do Goberno en Castela e León dende xullo de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Dereito. É funcionaria do corpo técnico superior da administración. É profesora asociada de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Valladolid.

Logo de ser avogada do fondo de garantía salarial da Consellería de Traballo e Seguridade Social e xefa de servizo da viceconsellería de Traballo da Xunta de Castela e León, foi nomeada en 2003 por Juan Vicente Herrera como conselleira da Presidencia e Administración Territorial.

Entre 2007 e 2011 foi conselleira de Cultura e Turismo da Xunta de Castela e León.[3]

O 25 de xullo de 2015, foi nomeada delegada do Goberno en Castela e León polo presidente do goberno, Mariano Rajoy en substitución de Jorge Llorente Cachorro, que actuara como delegado interino dende a saída de Juan Carlos Suárez-Quiñones, que fora nomeado conselleiro do goberno autonómico. A nivel privado, está casada e é nai dunha filla.[4]

Notas[editar | editar a fonte]