María Guadalupe Sánchez Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Guadalupe Sánchez Salazar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Victoria de Durango, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata

María Guadalupe Sánchez Salazar, nada en Durango o 18 de maio de 1957, é unha diplomática mexicana. Traballa como cónsul de México en Omaha, Nebraska.[1] É membro de carreira do Servizo Exteriór Mexicano (SEM) desde 1981 e actualmente ten o rango de ministra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sánchez Salazar estudou a licenciatura en Relacións Internacionais na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e conta cun posgrao en Asuntos Globais pola Universidade de Nova York (NYU). Ademais, cursou diplomados en Relacións Bilaterais México-Estados Unidos polo Centro de Investigación e Docencia Económica (CIDE) en conxunto coa Universidade de Columbia e en Diplomacia Pública por DiploFoundation.

A súa primeira adscrición no exterior, como membro do SEM, foi como Encargada de Asuntos Consulares na embaixada de México en Hungría.[2]

Na súa carreira profesional desempeñou labores tanto na Chancelería de México como nas Representacións de México no Exterior. Foi Xefa de Chancelería da embaixada de México en Xamaica, así como representante Alterna ante a Autoridade Internacional dos Fondos Mariños, con sede en Kingston. Tamén traballou como Encargada de Negocios na embaixada de México en Xamaica.

Na Misión Permanente de México ante a Organización das Nacións Unidas en Nova York foi a representante de México ante a Comisión de Consolidación da Paz; a Coordinadora da Presidencia Bienial de México do Grupo de Río 2008-2010; a responsable dalgúns temas da axenda política da Asemblea Xeral e do Consello de Seguridade; e a Coordinadora de Campaña de Candidaturas prioritarias de México á Corte Internacional de Xustiza, ao Consello de Seguridade, ao Consello de Dereitos Humanos e á Xunta Internacional de Fiscalización de Estupefacientes.[3][4][5]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a condecoración por 25 anos de carreira no Servizo Exterior Mexicano, así como senllos recoñecementos como Cidadá Honoraria de Nebraska, polo Secretario de Estado do Goberno de Nebraska, e pola Organización Women's Fund of Omaha, polo traballo realizado a favor das mulleres e as nenas da comunidade local.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mensaje de la Cónsul Titular María Guadalupe Sánchez Salazar" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  2. writers, Jourdyn Kaarre and Alia Conley / World-Herald staff. "'I have felt that I am welcome here': New Mexican consul is introduced to Omaha". Omaha.com (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. "Biografía" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  4. "Mensaje de la Misión Permanente de México ante la ONU" (PDF). 
  5. "Buenos Días Nebraska" (PDF). [Ligazón morta]