María Eugenia Casar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) |
Actividade | |
Ocupación | académica, economista, política, banqueira |
Empregador | ONU |
María Eugenia Casar, tamén coñecida como Gina Casar, nada en 1959, é unha diplomática mexicana, actual Directora Executiva da AMEXCID (Axencia Mexicana de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Do 7 de maio de 2014 ao 30 de outubro de 2015, Casar traballou como Administradora Asociada do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Nese cargo sucedeu á costarriqueña Rebeca Grynspan. Na súa calidade de Administradora Asociada do PNUD, Casar tiña o rango de Secretaria Xeral Adxunta das Nacións Unidas. Antes de ser nomeada polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon, Casar ocupara algúns cargos neste organismo como Subsecretaria Xeral de Planificación de Programas e representante do Secretario Xeral.[3][4]
Anteriormente traballara no Programa Mundial de Alimentos (PMA) en Roma, onde foi Subsecretaria Xeral, Directora Executiva Adxunta de Xestión de Recursos e Directora Financeira, entre outros cargos. A súa experiencia a nivel nacional antes de incorporarse ás Nacións Unidas inclúe cargos como Tesoureira Nacional de México, Directora Financeira do Banco Nacional de Servizos Financeiros, Directora Xeral Adxunta do Sector Bancario da Secretaría de Facenda e Crédito Público e Vicepresidenta Adxunta da Comisión Bancaria Nacional de México.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Eugenia Casar asume la Dirección Ejecutiva de la Agencia Mexicana de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AMEXCID)" (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ "María Eugenia Casar Pérez, AMEXCID" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ López, Oscar (7 de maio de 2014). "Ban Ki-Moon Names Mexico's María Eugenia Casar United Nations Secretary-General Assistant" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Villalobos, Tania (5 de maio de 2016). "Gina Casar" (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ "Ban nombra a mexicana María Eugenia Casar subsecretaria general de finanzas" (en castelán). 16 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 18 de setembro de 2020.