María Dolores Seijas Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Dolores Seijas Soto
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Lugo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


María Dolores Seijas Soto (Lugo) é unha escritora galega en lingua castelá.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Nada en Lugo e funcionaria da Deputación Provincial,[2] publicou o seu primeiro libro, El maestro de Zaín, no ano 2009. O libro fala sobre o seu avó, Luis Soto Menor, inspector xefe de primeiro ensino en Lugo, o cal acaba sendo apartado das súas funcións coa chegada do franquismo.[3] No ano 2017 publica a súa segunda novela, Requiem. A orixe desta novela está nunha viaxe que a autora realiza a Polonia, onde comenza a interesarse sobre a súa historia, particularmente na matanza de Jedwabne, localidade ao sur do país onde o 10 de xuño de 1941 foron asasinados 1 680 xudeus. No ano 2024 publicou a súa terceira novela da man da editorial Mirahadas. Nesta novela fai unha incursión polo mundo da pintura e o exotismo de Papúa Nova Guinea.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • El maestro de Zaín (Libertarias, 2009)
  • Réquiem (Punto Rojo, 2017)
  • Nauru (Mirahadas, 2024)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Dolores Seijas: "Mi novela habla del dolor de los judíos polacos y los palestinos"". El Progreso (en castelán). 25 de novembro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  2. "María Dolores Seijas". Ediciones Libertarias (en castelán). Consultado o 20 de diciembre de 2017. 
  3. "María Dolores Seijas: El maestro de Zaín fue un pionero". La Región (en castelán). 10 de octubre de 2017. Consultado o 20 de deceembro de 2017. 
  4. "Naurú". Ediciones Mirahadas (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2024.