María Delgado Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Delgado Nadal
María Delgado 06.JPG
Nome completoMaría Delgado Nadal
Nacemento8 de outubro de 1997
 Zaragoza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnadador
PremiosReal Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

María Delgado Nadal, nada en Zaragoza o 8 de outubro de 1997, é unha deportista española que compite en natación adaptada. Participa nas probas de bolboreta, libres e costas.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 10 anos comezou a facer atletismo e natación, chegando a competir a nivel nacional en ámbolos dous deportes. Comezou nadando na Asociación Deportiva Aragua. Posteriormente competiu para o equipo do colexio Corazonistas de Zaragoza. No presente forma parte do equipo de natación do Stadium Casablanca, competindo en campionatos nacionais para nadadores sen discapacidade, adestrando no Centro de Alto Rendemento Deportivo situado en Madrid, grazas a unha bolsa do plan ADOP para deportistas de alto nivel discapacitados.[3]

En outubro de 2016 concédeuselle a medalla da Real Orde do Mérito Deportivo. Asemade, en febreiro de 2017 concédeuselle o diploma ao Mérito Deportivo da cidade de Zaragoza.[4][5]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Gañou dúas medallas de bronce nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016. Ademais, obtivo catro medallas no Campionato Mundial de Natación Adaptada nos anos 2015 e 2019, e seis medallas no Campionato Europeo de Natación Adaptada nos anos 2014 e 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comité Paralímpico Español (ed.). "María Delgado Nadal" (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  2. Comité Paralímpico Internacional (ed.). "María Delgado Nadal" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  3. "Récord del mundo para nuestra nadadora María Delgado" (en castelán). Stadiumcasablanca.com. Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 
  4. Heraldo.es. "Medallas al merito deportivo de la ciudad de Zaragoza" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  5. Heraldo.es. "La ciudad de Zaragoza distingue a los mejores deportistas del 2016" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2019.