Ramón García Vázquez
José Ramón García Vázquez, nado en Betanzos o 18 de marzo de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Incorporouse á política brigantina nas eleccións municipais de 1987, como número 8 da lista do PSdeG-PSOE encabezada por Manuel Lagares Pérez. A vitoria do seu partido permitiulle ser investido como concelleiro e facerse cargo da área de acción rural. Volveu ser elixido concelleiro en todas as eleccións municipais, sempre nas listas do partido socialista, e ocupou diversos cargos na administración local.
Logo da perda da alcaldía polos socialistas nas municipais de 2007, e a posterior dimisión do seu cabeza de lista en novembro dese ano, asumiu a función de portavoz do seu partido na oposición, para posteriormente concorrer ás municipais de 2011 como cabeza de lista e candidato a alcalde. Os seis concelleiros obtidos, unidos aos dous do BNG e ao único logrado polos independentes Cidadáns por Betanzos, permitíronlle formar goberno en minoría e ser investido alcalde o 11 de xuño.[1]
Predecesor: María Faraldo |
![]() Alcalde de Betanzos 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "CxB devuelve al PSOE el gobierno de Betanzos". La Voz de Galicia. 12 de junio de 2011. Consultado o 31 de julio de 2011.