Manuela Serra (cineasta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuela Serra
Biografía
Nacemento31 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitut des arts de diffusion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0785421 Editar o valor em Wikidata

Manuela Serra, nada en Lisboa en 1948, é unha directora portuguesa coñecida por realizar o documental O Movimento das Coisas . Este, a pesar de ser premiado e eloxiado en varios festivais, só entrou no circuíto comercial en 2021, 36 anos despois de estar rematado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada na capital portuguesa en 1948, Manuela Serra estudou cinema en Bélxica no Institut des Arts et Diffusion, entre 1971 e 1974[1][2]

De regreso a Portugal tras a Revolución dos Caraveis, formou parte do grupo fundador da cooperativa VirVer, responsable da produción de películas como São Pedro da Cova, Deus, Pátria, Autoridade e Bom Povo Português do director Rui Simões, na que traballou como axudante de produción e montadora.[3][1][4][2] En 1979, escribiu o guión da súa única película O Movimento das Coisas, cuxa rodaxe comezou nese mesmo ano e que rematou 6 anos despois, en 1985.[1][5]

Na década seguinte, Manuela Serra abandonou o cinema sen realizar a súa segunda película, que pensaba chamar Ondulações.[1][2]

O Movimento das Coisas[editar | editar a fonte]

Rodada na aldea de Lanheses, concello de Viana do Castelo, contou coa participación da poboación desa vila e de nomes como José Mário Branco, responsábel da banda sonora.[6][7] Estreouse en 1985 no Festival Internacional de Cinema de Mannheim-Edelberga, onde recibiu o Premio FilmduKaten.[8] A pesar de ser premiado e eloxiado en varios festivais, especialmente no Festival de Cine Lumière que se celebra anualmente en Lión e para o que foi seleccionado en 2020, só se estrea no circuíto comercial en 2021, 36 anos despois de ser rematado. [1][9][10][11]

Premios e Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Manuela Serra foi galardoada con varios premios polo seu documental O Movimento das Coisas, especialmente: [5][1]

  • 1985 - Recibiu o Premio Filmdukaten no Festival Internacional de Cine de Mannheim-Edelberg
  • 1985 - En Festroia gañou o Premio Agfa

En 2015, Marta Ramos, Mário Fernandes e José Oliveira rodaron o documental 35 Anos Depois, O Movimento das Coisas , onde gravaron o regreso de Manuela Serra á aldea de Lanheses.[12] A importancia da súa única película para o cinema portugués é destacada por João Bérnard da Costa e Manuel Mozos nos artigos que escribiron sobre el. [13] Manoel de Oliveira e Paulo Rocha foron outros persoeiros do cinema portugués que a felicitaran polo filme.[14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Realizouː

  • 1986 - O Movimento das Coisas[5]

Traballou como axudante de dirección nas películas:

  • 1976 - Deus, Patria, Autoridade
  • 1980 - Bom Povo Português

Participou nos filmes:

  • 1985 - Necrofilia, do realizador Vítor Silva[15]
  • 2015 - 35 Anos Depois, O Movimento das Coisas[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "MANUELA SERRA – Encontros Cinematográficos". Luzlinar (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-12. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Único filme de Manuela Serra, de 1985, estreia-se em junho nos cinemas". Notícias ao Minuto (en portugués). 2021-05-11. Consultado o 2021-05-12. 
  3. Baptista, Tiago (2019-02-02). "O Movimento das Coisas (Manuela Serra, 1985)". A invenção do cinema português (en portugués). Consultado o 2021-05-12. 
  4. Nascimento, Frederico Lopes / Marco Oliveira / Guilherme. "VirVer - cooperativa de produção". CinePT-Cinema Portugues (en portugués). Consultado o 2021-05-12. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Nascimento, Frederico Lopes / Marco Oliveira / Guilherme. "O Movimento das Coisas". CinePT-Cinema Portugues (en portugués). Consultado o 2021-05-12. 
  6. "O MOVIMENTO DAS COISAS". MUBI. 
  7. Câmara, Vasco. "Manuela Serra: “A vida é tão mais ampla que o cinema”". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2021-05-12. 
  8. "Uma transfiguração poética do “real” – O Movimento das Coisas, de Manuela Serra (1979/1985)". À pala de Walsh (en portugués). 2016-11-29. Consultado o 2021-05-12. 
  9. "“O Movimento das Coisas”de Manuela Serra no Festival Lumière". C7nema (en portugués). 2020-09-11. Consultado o 2021-05-12. 
  10. "Treasures & curiosities - Treasures & curiosities". www.festival-lumiere.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2023. Consultado o 2021-05-12. 
  11. Câmara, Vasco. "O movimento das coisas portuguesas no sítio dos irmãos Lumière". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2021-05-12. 
  12. 12,0 12,1 "35 anos de pois, O Movimento das Coisas". MUBI. 
  13. "CINERGIA — O filme-monumento de Manuela Serra". cinergia-revista.tumblr.com. Consultado o 2021-05-12. 
  14. "Um elo perdido do cinema português". JL - Jornal de Letras. 16-06-2021. p. 20. 
  15. Nascimento, Frederico Lopes / Marco Oliveira / Guilherme. "Necrofilia". CinePT-Cinema Portugues (en portugués). Consultado o 2021-05-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.