Saltar ao contido

Manuel de Prado Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel de Prado Mariño
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1772 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1822 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeNeoclasicismo

BUSC: prado-marino-manuel-de-n-1772
San Bieito, de Manuel de Prado Mariño, situado tras do altar da igrexa de San Bieito do Campo de Santiago de Compostela

Manuel Francisco de Prado Mariño, nado o 27 de setembro de 1772 na parroquia de Santa María a Real de Sar de Santiago de Compostela e finado o 19 de xaneiro de 1822 na mesma cidade, foi un escultor galego do neoclasicismo.

Foi o irmán máis novo do arquitecto Melchor de Prado y Mariño.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de André de Prado e de Xosefa Mariño. Estivo casado con Manuela Monroy que lle daría á súa filla Ramona (tiveron outros que morreron cedo) e con Juana Rey coa que terá a Socorro (tamén terá outra filla que non sobrevirá).

Tanto seu pai como o seu avó materno, André Ignacio Mariño, foron artesáns de sona no ámbito comarcal. Manuel de Prado Mariño daría os seus primeiros pasos no obradoiro paterno. Formarase na escola de debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago onde recibirá clases, entre outros, de Miguel Ferro Caaveiro. Foi profesor na Academia de Belas Artes de San Fernando.

Moi cedo esculpiu dúas obras de gran beleza: o San Bieito da igrexa de San Bieito do Campo, con claras influencias no seu tratamento e expresión de Xosé Ferreiro e a delicada figura da Concepción na igrexa de Santa María do Camiño da mesma cidade, de silueta praxiteliana e composición helicoidal. Na primeira igrexa salienta tamén un San Francisco de Asís subido a un retablo sobre unha nube e entre dous anxos.

De menor exquisitez son as estatuas e o paso procesional do Encontro para o venres santo. Encargáronselle na súa propia parroquia as esculturas e o monumento que concibe en orde dórica.

A súa realización máis espectacular é o conxunto constituído polos nove retablos que, en 1806, lle encarga a confraría das Benditas Ánimas do Purgatorio, cun importante programa iconógráfico ao redor do prendemento, paixón, morte e resurrección de Xesucristo. Obra en estuco que envolve o espazo interior da Capela de Ánimas e onde se trasluce unha forza expresiva que lembra ao barroco.

Del son tamén o Retablo do Bo Xesús da Catedral de Lugo, o retablo maior da igrexa de Santiago de Vilamarín, a Virxe do Rosario da igrexa parroquial de Santiago en Padrón e, probablemente, un San Mauro na devandita igrexa de San Bieito do Campo.