Manuel Tobío Romaní
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1899 Muros, España |
| Morte | século XX valor descoñecido |
| 1936 – 1936 (destitución) – José Veloso Mayo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Cronoloxía | |
| 4 de agosto de 1939-3 de setembro de 1939 | viaxe do Winnipeg de 1939 |
| 26 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936 | evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa |
Manuel Tobío Romaní, coñecido como Maranqueiro, nado en Muros cara a 1899, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na II República foi elixido alcalde de Muros en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu con outros republicanos do Barbanza nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Combateu no exército leal. Logo da derrota da República pasou a Francia. Foi un dos pasaxeiros do Winnipeg[1] e acabou exiliándose no Uruguai.
| Predecesor: ? |
Alcalde de Muros 1936 |
Sucesor: José Veloso Mayo |