Manuel Taboada Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Laro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Taboada Gómez, nado en Laro (Silleda), é un construtor e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1987 presentouse como número cinco da candidatura de Alianza Popular ao concello de Silleda encabezada por Juan Salgueiro. Foi elixido concelleiro e nomeado concelleiro de Urbanismo e Obras. En 1988 constituíu unha sociedade en Silleda xunto á súa muller Elisa Ramos Valiñas, para dedicarse á construción Taboada y Ramos. Dimitiu como concelleiro en marzo de 1990 alegando "motivos persoais".[1]
A partir dese momento iniciou unha expansión empresarial, traballando fundamentalmente para as administracións públicas. En 1991 foi condenado xunto co concelleiro de Lalín Antonio Canda Gamallo a unha multa de cincuenta mil pesetas como autores dunha falta de imprudencia na construción da praia fluvial de Vilatuxe.[2] A empresa encargouse da construción dos polígonos de Lalín 2000 e Silleda. En 2017 foi o primeiro adxudicatario de obras da Xunta de Galicia.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado con Elisa Ramos Valiñas, é pai de Manuel Taboada Ramos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 18-3-1990, p. 45.
- ↑ La Voz de Galicia, 4-7-1991, p. 35.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Un albañil factura miles de millones en obras de la Xunta y municipios del PP", El País, 28 de maio de 1995 (en castelán).
- "O albanel de Alianza Popular que factura 750 millóns en adxudicacións públicas", Praza Pública, 21 de maio de 2018.
- "La Xunta mima a Taboada y Ramos con obras millonarias, parques eólicos y concesiones"Arquivado 22 de maio de 2018 en Wayback Machine., Economía Digital, 7 de abril de 2016 (en castelán).