Taboada y Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°51′43.81″N 8°33′27.70″O / 42.8621694, -8.5576944

Taboada y Ramos
TipoSociedade Limitada
Fundación1988 Silleda
LocalizaciónPolígono Industrial Lalín 2000.
FundadorManuel Taboada Gómez e Elisa Ramos Valiñas
IndustriaConstrución e servizos
Beneficio39.103.314 € (en 2013)[1]
Número de empregados121 (en 2013)
Páxina webtaboadayramos.com
editar datos en Wikidata ]

Construcciones Taboada y Ramos, tamén coñecida como Taboada y Ramos, SL, é unha sociedade limitada constituída en Silleda en 1988 (aínda que opera en Lalín). Foi fundada polo albanel Manuel Taboada Gómez, e a súa esposa Elisa Ramos Valiñas, cun capital dun millón de pesetas.

Nos seus primeiros anos de actividade facturou miles de millóns de pesetas por obras da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e varios concellos galegos gobernados polo PP. Só en 1993, aínda que dispoñía unicamente de seis traballadores fixos, o seu volume de negocio foi de 858 millóns.

Taboada logrou contratas da Consellaría de Obras Públicas para construír estradas, abastecementos de augas a municipios e os polígonos industriais de Silleda e Lalín, ambos os dous con outras empresas. No parque de Lalín foi unha das primeiras sociedades en adquirir unha parcela.[2]

Construcciones Taboada y Ramos SL naceu froito da fundación dunha pequena empresa familiar dedicada á execución de obra civil e construción, na que o traballo realizado ao longo dos anos consolidou un crecemento constante que lle permitiu alcanzar progresivamente maiores cotas de volume de contratación e a execución de obras de maior complexidade técnica, dentro da súa actividade inicial, así como a ampliación e diversificación das liñas de negocio cara obras ferroviarias, de augas, edificación, xestión de servizos e enerxías renovábeis, que a sitúan como unha empresa de referencia en sectores clave da actividade económica, entre os que destaca pola súa relevancia o sector de Infraestruturas e Servizos.[3]

Taboada y Ramos, xunto coa tamén lalinense La Veneciana Iberiaglass SL e con Conejos Gallegos SL (Cogal) de Rodeiro, son tres empresas da Comarca do Deza que figuraban entre as 5000 primeiras de España por volume de vendas no ano 2013.[4]

Principais obras[editar | editar a fonte]

Obras civís[editar | editar a fonte]

Entre outras, Taboada y Ramos efectuou as seguintes obras:[5]

Edificacións[editar | editar a fonte]

Entre outros, construíu os edificios:[6]

Servizos[editar | editar a fonte]

Enerxías renovábeis[editar | editar a fonte]

A empresa, consciente da transcendencia que ten o impulso dun desenvolvemento sostíbel, participa como socio maioritario en varias sociedades especializadas na promoción e desenvolvemento de proxectos en diversos ámbitos das enerxías renovábeis, como na enerxía fotovoltaica no ano 2008, mediante a promoción, xestión administrativa integral e construción dunha instalación solar fotovoltaica de 600 kW de potencia instalada en Lalín, tamén no campo da enerxía eólica, así mesmo no 2008, alcanza un importante impulso no ano 2010, ao resultar seleccionados pola Xunta de Galicia catro anteproxectos de novos parques eólicos cunha asignación de potencia total de 96 MW.[8]

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia[editar | editar a fonte]

En (2015) participa, xunto con Isolux-Corsán, na construción do túnel do Corno, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.[9]

Oficinas[editar | editar a fonte]

A empresa actualmente ten oficinas en:[10]

Notas[editar | editar a fonte]