Manuel Roo Ben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Roo Ben
Biografía
NacementoLousame, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 1978 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata

Manuel Roo Ben, nado en Lousame e finado en Sada o 14 de abril de 1978, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1931. Médico de Sada. Foi xefe comarcal de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi nomeado alcalde de Sada en 1940, tomando posesión o 3 de febreiro. Renunciou como alcalde de Sada en decembro de 1944. Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Finou en Sada o 14 de abril de 1978.[1]


Predecesor:
Toribio Pollán Nieto
 
Alcalde de Sada
 
1940 - 1944
Sucesor:
José María Fajardo de Andrade Prieto

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Sada en 1931 con Rosario Domínguez Pandelo, filla de Manuel Domínguez Guitián,[2] e foi pai de Manuel Roo Domínguez. Rosario finou en marzo de 1953,[3] e Manuel Roo Ben volveu casar con María del Carmen Freire Abete e foi pai de Enrique, María José, Alberto José, Javier, María de las Nieves, Julio César e Luis Miguel Roo Freire.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-5-1979, p. 61.
  2. La Voz de Galicia, 14-8-1931, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 5-4-1953, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]