Toribio Pollán Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaToribio Pollán Nieto
Biografía
Nacementoprovincia de León, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata

Toribio Pollán Nieto, nado na provincia de León cara a 1878 e finado en Sada o 25 de setembro de 1954, foi un industrial e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente de León chegou a Sada co seu irmán Matías e abriron un almacén de viños na rúa Linares Rivas, que despois trasladaron á Avenida da Marina. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e despois da renuncia de Emilio Molina Carreño foi nomeado alcalde de Sada a principios de novembro.[1] Cesou como alcalde de Sada en 1940. Finou en Sada o 25 de setembro de 1954.[2]


Predecesor:
Emilio Molina Carreño
 
Alcalde de Sada
 
1936 - 1940
Sucesor:
Manuel Roo Ben

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-11-1936. p. 7.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-9-1954, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]