Manuel Rodrigues Coelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Rodrigues Coelho
Biografía
Nacemento1555 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Elvas, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1635 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e organ performance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónorganista , compositor Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 1b924f4a-650a-4854-8e12-5c5c8603dc99 Discogs: 913045 IMSLP: Category:Coelho,_Manuel_Rodrigues Allmusic: mn0001756975 Editar o valor em Wikidata

Manuel Rodrigues Coelho nado en Elvas en 1555 e finado en Lisboa en 1635, foi un compositor e organista portugués. Foi un dos máis importantes teclistas desde Cabezón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Coelho naceu en Elvas c. 1555 e foi probabelmente educado na Catedral da cidade. Outra posibilidade é que ele teña estudado na Catedral de Badaxoz, onde traballou como organista de 1573 a 1577. Algures na década de 1580 volveu a Elvas e traballou na catedral. Deixou ese posto despois de se tornar organista da corte en Lisboa. Ocupou en Lisboa, de 1603 a 1633, o cargo de Primeiro Organista da Capela Real de Lisboa. Morreu en 1635, probabelmente na cidade de Lisboa.

Obra[editar | editar a fonte]

As obras do compositor encóntranse preservadas no gravado de 1620 Flores de musica pera o instrumento de tecla & harpa, publicado en Lisboa. A colección dedicada ao rei Filipe II de Portugal, é a partitura impresa portuguesa máis antiga. Contén 24 tentos, 101 versetos litúrxicos para órgano, catro variacións dunha versión hispano-mozárabe de Pange lingua e catro intabulacións de Susanne ung jour de Lassus'. Esta gran colección é probabelmente unha compilación de material anteriormente composto polo autor.

As súas composicións de maior relevo son os seus longuísimos tentos (200-300 barras en media). En contrapunto coas tendencias barrocas de compositores italianos como Ascanio Mayone, Giovanni Maria Trabaci e Girolamo Frescobaldi, a linguaxe harmónica en Manuel Coelho é simples e concisa, sendo reminiscentes da técnica de Sweelinck. As pezas litúrxicas de Coelho son menos ornamentadas e xeralmente empregan un ton máis rigoroso. Inclúen un grupo de 23 versetes para se cantarem ao órgão, que consisten dunha liña vocal con acompañamento a órgano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Apel, Willi. 1972. The History of Keyboard Music to 1700. Translated by Hans Tischler. Indiana University Press. ISBN 0-253-21141-7. Originally published as Geschichte der Orgel- und Klaviermusik bis 1700 by Bärenreiter-Verlag, Kassel.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]