Manuel Rodríguez Sangiao
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1901 Cuntis |
| Morte | 16 de setembro de 1936 Pazos |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| 1936 – 1936 (destitución) – Antonio Guerra Torres → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, canteiro |
Manuel Rodríguez Sangiao, nado en Cuntis e finado en Silleda o 16 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro. Na República foi alcalde de Cuntis. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 entregouse. Falanxistas armados foron buscalos á pensión na que se hospedaba con Sergio González Paz (membro do Comité de Resistencia da Fronte Popular), para levalos a Costa Carballo (Pazos), onde os asasinaron o 16 de setembro de 1936. Manuel Rodríguez foi soterrado alí, e anos despois a súa familia conseguiu recuperar o cadáver para inhumalo en Cuntis. O seu fillo máis vello foi asasinado en 1940 en Madrid por falanxistas de Cuntis, cando estaba a realizar o servizo militar. Outros fillos de Manuel Rodríguez Sangiao continuaron sufrindo presións e humillación durante a ditadura, sendo obrigados a cantar o "Cara al Sol" no patio do colexio.
| Predecesor: José Ameijeiras |
Alcalde de Cuntis 1936 |
Sucesor: Antonio Guerra Torres |