Manuel Rodríguez Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Rodríguez Louro
Nacemento15 de maio de 1916
Lugar de nacementoO Ézaro
Falecemento16 de setembro de 1941 e 16 de agosto de 1941
Lugar de falecementoHartheim am Rhein
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Manuel Rodríguez Louro, nado no Ézaro (Dumbría) o 15 de maio de 1916 e finado en Hartheim o 16 de setembro de 1941, foi un mariñeiro e militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro do Ézaro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse no Monte Pindo. Buscando un xeito de poder escapar, xunto don once mozos tamén fuxidos (entre eles o seu irmán Joaquín), o 16 de outubro de 1937 asaltaron a motora El As e días despois chegaron a Bristol. Por Francia entrou en España e combateu no exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado en Argelès-sur-Mer. Incorporado aos batallóns de Traballadores Estranxeiros, foi destinado á liña Maginot. Foi detido polos alemáns cando caeu o muro. Deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941, foi trasladado a Gusen en febreiro. Morreu en Hartheim en setembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]