Manuel Riobóo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Riobóo Rodríguez
Biografía
NacementoCortiñán, España Editar o valor em Wikidata
Morte1948 Editar o valor em Wikidata
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Riobóo Rodríguez, coñecido como Barbeiro de Cortiñán, nado en Cortiñán (Bergondo) e finado en 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enlace da guerrilla, foi detido logo da deserción de Claudio Díaz Milia en xullo de 1946. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 30 de setembro de 1946 xunto cos médicos Fernando José e Augustin Chacartegui Barbier e 19 persoas máis na causa 336/46, foi acusado de subministrar alimentos e prestar servizos como barbeiro aos guerrilleiros.[1] Foi condenado a seis meses e un día de prisión por "auxilio a elementos huídos". Ao saír en liberdade integóuse na guerrilla. Por orde de Emilio Pérez Vilariño, foi o autor da morte de Ángel Pato Fidalgo o 13 de agosto de 1947. Ía formar parte do grupo de Foucellas que se trasladou a Pontevedra para reforzar a guerrilla, pero estaba doente. Finou de enfermidade en 1948 nun punto de apoio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 1-10-1946, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]