Manuel Posada García-Barros
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 Vigo, España |
Morte | 4 de outubro de 1933 (64/65 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
1903 – 1903 ← Prudencio Nandín Vicente – Joaquín Pérez Boullosa → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Manuel Posada García-Barros, nado en Vigo en 1868 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1933, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903)[1] e presidente do Partido Liberal vigués, representaba en Vigo a política de Montero Ríos. Promoveu Vigo Liberal e fundou o periódico Heraldo de Vigo (1912-1914). En 1914 presidiu o Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo[2].
Nas eleccións de 1916 foi elixido deputado polo distrito de Muros. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1918. Nas eleccións de 1923 foi elixido deputado polo distrito de Illescas (Toledo).
Predecesor: Prudencio Nandín Vicente |
Alcalde de Vigo 1903 |
Sucesor: Joaquín Pérez Boullosa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Galicia, 28-2-1903, p. 3.
- ↑ "CIRCULO CULTURAL MERCANTIL E INDUSTRIAL DE VIGO, Juntas en la Historia.". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.