Manuel Pérez Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pérez Prieto
Biografía
NacementoA Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte30 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata
Castropol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsClaudio Pérez Prieto Editar o valor em Wikidata

Manuel Pérez Prieto, nado na Habana e finado en Castropol o 30 de setembro de 1982,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1932.[2] Instalouse como médico en Ribadeo en decembro de 1933.[3] Militante do Partido Galeguista, foi concelleiro de Ribadeo. Na campaña das eleccións de febreiro de 1936 foi un dos oradores dos mitins antifascista de Rinlo, en decembro de 1935,[4] Vilaframil, a principios de xaneiro,[5] e Cubelas, a finais dese mes.[6] O 16 de marzo de 1936 foi elixido presidente do comité local de Izquierda Republicana.[7] Participou en varios mitins da campaña pro Estatuto en xuño de 1936.[8]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e foi declarado en rebeldía. Integrouse no exército republicano en Asturias. Cou caída de Asturias foi detido e estivo no cárcere do Coto de Xixón. Foi xulgado en consello de guerra en Oviedo en febreiro de 1939 e condenado a cadea perpetua. Estivo preso en Burgos, Palencia e finalmente na Prisión Central de Celanova, onde exerceu como médico e da que saíu en liberdade condicional en novembro de 1940.[9] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1940.[10] Cando saíu da prisión volveu exercer como médico en Ribadeo e despois en Castropol.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Sara Díaz Vega,[11] e foi pai de Ramona, Manuel, Claudio e Maika Pérez Díaz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Nueva España, 1-10-1982, p. 32.
  2. El Compostelano, 20-5-1932, p. 2.
  3. Las Riberas del Eo, 16-12-1933, p. 6.
  4. Las Riberas del Eo, 28-12-1935, p. 1.
  5. Las Riberas del Eo, 4-1-1936, p. 6.
  6. Las Riberas del Eo, 25-1-1936, p. 1.
  7. Las Riberas del Eo, 21-3-1936, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 1.
  9. BOE, 1-12-1940, p, 8262-82623.
  10. BOE, 27-1-1941, p, 419.
  11. Las Riberas del Eo, 2-9-1950, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pérez Díaz, Claudio; Pérez Moratilla, Claudia (2003). Un gorro ruso. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-295-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]