Manuel Pérez Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pérez Becerra

Manuel Pérez Becerra, nado na Pobra do Caramiñal cara a 1907 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maquinista naval. Afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 7 de xaneiro de 1937 xunto con Manuel Hermo Vidal. Inculpado en causa militar. Sucidouse tirándose por unha fiestra do segundo piso do cuartelillo de Falange da Pobra do Caramiñal onde estaba detido, segundo a versión oficial.[1][2] Outras fontes aseguran que foi asasinado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 25-1-1937, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 25-1-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Romero Mengotti, Manuel (2013). El defensor. Finis Terrae Ediciones. pp. 337–338. ISBN 978-84-941045-2-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]