Manuel Otero Acevedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1865 Rosario, Arxentina |
Morte | 19 de xuño de 1920 (55 anos) Pontecesures, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Otero Acevedo, nado en Rosario o 17 de abril de 1865 e finado en Pontecesures o 19 de xuño de 1920, foi un médico e xornalista arxentino residente en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Antonio Otero Moar, de Pontecesures, que emigrou a Arxentina, onde fixo fortuna e casou con Narcisa Acevedo. O seu pai enviouno co seu irmán José a Galicia e asentáronse en Pontecesures. Graduouse de bacharel no Instituto de Santiago de Compostela o 7 de novembro de 1882. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891). Especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910). Compañeiro de Valle-Inclán en Compostela, era un declarado anticlerical, foi o restaurador da tuna compostelá, amigo de Pío Baroja. Combinou o seu interese como anticuario e orientalista coa paixón polo espiritismo e a teosofía.[1] Colaborou no periódico compostelán Café con Gotas e foi fundador e director de Pero-Grullo (1888).
Obras[editar | editar a fonte]
- La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual, 1900.
- Resección total y bilateral del simpático del cuello, 1898.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Graus, Andrea (2019). Ciencia y espiritismo en España, 1880-1930. Comares. ISBN 978-84-9045-898-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Borobó (1986). "Otero Acevedo y el fantasma de Valle-Inclán". El fantasma de Valle-Inclán. Papeles de Borobó I. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-302-6.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.