Manuel Martínez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Martínez Vázquez
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata (120/121 anos)
Mourente, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Martínez Vázquez, nado en Mourente (Pontevedra) cara a 1903, foi un loitador antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albanel. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e procesado por chamar ao veciños á folga.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Declarado en rebeldía, en agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[2] Foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Extinguiu a pena por indulto o 14 de maio de 1948.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 14-10-1934, p. 9.
  2. BOE, 6-10-1940, p. 4665.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]