Julio Quirós Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Quirós Estévez
 Vigo
Falecemento1991
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Julio Quirós Estévez, nado en Vigo e finado en 1991, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre albanel. Logo da dimisión de Manuel Martínez Ramos, foi designado membro da Comisión xestora do concello de Teis polo gobernador civil o 27 de febreiro de 1936, e ao día seguinte tomou posesión e foi elixido alcalde de Teis.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en outubro xunto co primeiro tenente alcalde Manuel Andrade Moreria e a súa muller María Luisa Gómez.[2] Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión, a súa causa foi sobresida provisionalmente. Despois emigrou a Arxentina. Regresou en dúas ocasións a Galicia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 29-2-1936, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 14-10-1936, p. 10.
  3. "La independencia de Teis", La Voz de Galicia, 5-12-1997, p. 34.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]