Manuel Malingre Parmantier
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1834 Souvret, Bélxica (en) |
Morte | 29 de febreiro de 1916 (81 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Malingre Parmantier, nado en Souvret no concello valón de Courcelles o 21 de outubro de 1834 e finado en Ourense o 29 de febreiro de 1916 , foi un empresario, fundidor e político galego de orixe belga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1858 sábese que residía en Xixón casado cunha asturiana [1]. Estableceuse en Ourense por volta de 1864 e fundou unha pequena fundición de ferro en Reza [2] que mantivo durante dous anos, ata que mudou a súa fundición á rúa de San Domingos, instalando tamén unha fábrica de tubos. Foi concelleiro en 1873. Antes de 1882 mudou os seus negocios para San Lázaro e en 1888 erixiu un muíño de fariña a vapor. En 1889 era de novo concelleiro. Retirouse do negocio en 1894 deixándoo en herdanza a dous dos seus fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Malingre Rodríguez, Ana (2011): "La Fundición Malingre de Ourense" Porta da aira: revista de historia del arte orensano n.º 13, pp. 225-261.
- ↑ "La fundición Malingre marcó la historia de la ciudad durante 113 años, a través de varias generaciones". Faro de Vigo. 14 de abril de 2011.