Manuel Lombao
Manuel Lombao | |
---|---|
Nacemento | 1943 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Lombao Lombao, nado en Lugo en 1943, é un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Ciencias da Información e en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a traballar en Radio Nacional de España en 1976. Logo de pasar por varios programas, en 1982 noméano director de especiais informativos da cadea. Un ano despois, a comezo de 1983, é nomeado director de RNE en Galicia. En 1985 salta a Televisión Española, onde comeza como redactor cultural nos telexornais e onde en 1986 o nomean director do centro territorial de TVE en Galicia. Trasládase de novo a Madrid, onde é subdirector de Informe semanal, e dende 1988 ata 1996 dirixe o programa de información parlamentaria da cadea.
En 2004 convértese en director dos centros territoriais da cadea, e en representación de TVE, en membro da Asociación Europea de Televisións Rexionais. En agosto de 2008 foi nomeado director do centro de Brasilia do Instituto Cervantes.