Manuel Lemus Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Lemus Noya
Nacemento1932
 Camariñas
Falecemento6 de abril de 1978
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolicía
editar datos en Wikidata ]

Manuel Lemus Noya, alcumado Loló, nado na Ponte do Porto (Camariñas) en 1932 e falecido en Barakaldo o 6 de abril de 1978, foi un policía municipal galego que faleceu asasinado por membros de ETA militar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrado ao País Vasco, traballaba de policía municipal en Santzurtzi. O 24 de febreiro de 1978, cando saía da súa casa de Bilbao en dirección ao traballo, foi tiroteado dende un coche. O atentado foi reivindicado por ETA militar, quen acusou o policía de pertencer os Lexionarios de Cristo, unha organización de ultradereita. Lemus Noya faleceu semanas despois do atentado, como consecuencia das feridas pulmonares recibidas.

Foi soterrado na Ponte do Porto.