Manuel José Botana Agra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1939 (84/85 anos) Brandeso, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xurista, profesor universitario |
Obra | |
Doutorando | Ignacio Vidal Portabales |
Manuel José Botana Agra, nado en Brandeso (Arzúa) en 1939[1], é un xurista e sacerdote galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na década de 1950 estudou nun seminario, e tras facerse sacerdote foi nomeado en 1962 coadxutor de Monelos (A Coruña), e despois destinado á Lavacolla (Santiago de Compostela). Entre 1966 e 1970 estudou dereito na Universidade Complutense de Madrid, e doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1975 coa tese La obligación de explotar la invención patentada, premio extraordinario de doutoramento.
En 1978 foi contratado como adxunto numerario de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago, e desde 1984 é catedrático de dereito mercantil. Xubilouse en 2009,[2] se ben seguiu vinculado á USC como emérito (profesor ad Honorem desde o ano 2012).
A súa investigación centrouse no dereito industrial (patentes, marcas, denominación de orixe) e o dereito de autor. É autor de varios libros e de numerosos artigos publicados en revistas españolas e estranxeiras[Cómpre clarificar], así coma director de varias teses do doutoramento.
Foi fundador do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP).
Obras
[editar | editar a fonte]- Las denominaciones de origen. Marcial Pons, 2001.
- La ilimitación de la responsabilidad del transportista aéreo comunitarrio [sic] por daños a los pasajeros en caso de accidente: un estudio del reglamento (CE) 2027/1997. Marcial Pons, 2000.
- La protección de las marcas internacionales: (con especial referencia a España). Instituto de Derecho Industrial , 1994.
- Hacia un nuevo sistema de patentes. RDU, 1982
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrevista". Brétemas. Revista do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei (14). xuño de 2006.
- ↑ Cambeiro, Xosé M. (26 de xullo de 2009). "«Jesús haría en muchos santuarios lo mismo que hizo en el templo»". La Voz de Galicia (en castelán).