Manuel Hermida Vázquez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1869 Ourense, España |
| Morte | 14 de febreiro de 1960 Monforte de Lemos, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Familia | |
| Fillos | Manuel Hermida Balado |
Manuel Hermida Vázquez, nado en Ourense cara a 1869 e finado en Monforte de Lemos o 14 de febreiro de 1960, foi un xornalista e funcionario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado en Monforte de Lemos, dirixiu os periódicos Heraldo de Lemos e La Opinión (a partir de xaneiro de 1904). Foi nomeado recadador-depositario de fondos municipais en 1925.[1] Foi administrador da Casa de Alba en Monforte. Finou en Monforte de Lemos o 14 de febreiro de 1960 con 90 anos.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Carmen e Manuel Hermida Balado.