La Opinión (Monforte de Lemos)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Opinión.
La Opinión foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1903 e 1905.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu o 1 de febreiro de 1903.[1] Estivo dirixido por José Ramón Lence ata xaneiro de 1904, despois sucedeuno Manuel Hermida Vázquez. Afín aos intereses do deputado polo distrito Guillermo de Osma Scull. Dedicou moito espazo ás informacións da cidade de Monforte e á bisbarra. Publicou unha sección titulada Crónica europea. Cesou a súa publicación en novembro de 1905.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Noroeste, 3-2-1903, p. 1.
- ↑ El Norte de Galicia, 7-11-1905, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Deputación Provincial, ed. Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo. p. 100. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). Deputación Provincial, ed. A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo. p. 219. ISBN 84-8192-110-6.