Manuel Guitián Somoza
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 O Incio, España |
Morte | 20 de agosto de 1936 (25/26 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Guitián Somoza, nado no Incio cara a 1910 e finado o 20 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramona Somoza Díaz e Florencio Guitián. Mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto e permaneceu no Depósito de Sarria até o 19, de onde o sacaron coa desculpa de realizar unha dilixencia para asasinalo.[1] A súa morte foi rexistrada no Hospital de Lugo a causa de shock traumático o 20 de agosto. O xuíz de Instrución do partido de Sarria, Rogelio Borondo Sánchez, instruiu sumario pola súa morte.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vecinos «paseados» y persecución contra Izquierda Republicana y Orga
- ↑ BOP Lugo, 29-8-1936, p. 2.