Manuel González Oliveira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1913 Catoira, España |
Morte | 2002 (88/89 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Manuel González Oliveira, coñecido como Porriño, nado en Catoira o 27 de agosto de 1913 e finado en Barcelona en 2002, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi albanel, traballou na empresa de auga e nunha fábrica de arame. Marchou á Coruña, onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Regresou a Vilagarcía de Arousa, onde puxo un pequeno estudio de fotografía cun socio. Coa folga de 1933 foi detido o 12 de decembro acusado de disparar contra uns gardas de seguridade e xulgado en xaneiro de 1934.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que refuxiarse no monte para evitar a morte. Foi detido a finais de 1938 como desertor de Mariña xunto con Secundino Abelenda Baltar, Juan Domingo Velo Buceta, Manuel Celso Cayón Loureiro e Ramón Rodríguez Eiras.[2] Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión, foi condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso no Instituto Valle-Inclán de Pontevedra e no penal de Ocaña (Toledo). Foille conmutada a pena a un ano e extinguiuna o 29 de novembro de 1939. Sufriu expediente de responsabilidades políticas iniciado en agosto de 1939.[3] Volveu traballar como fotógrafo en Vilagarcía ata 1987, cando marchou a vivir a Barcelona coa súa filla.