Manuel García Monteagudo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 Carballo, España |
Morte | 16 de abril de 2004 (62/63 anos) Bembibre, España |
Alcalde de Val do Dubra | |
1987 – 1991 ← José Pombo Grille – Juan Manuel Baleato → | |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político |
Manuel José García Monteagudo, nado en 1941 en Carballo e finado en Bembibre (Val do Dubra) o 16 de abril de 2004[1], foi un político e farmacéutico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Farmacia, realizou tamén estudos de agricultura e economía agraria. Afincado en Val do Dubra e propietario dunha farmacia en Bembibre, en 1967 levou a cabo unha campaña entre os veciños do municipio dubrés acerca das vantaxes do Plan de Ordenación Rural, que derivou en enfrontamentos contra o servizo de concentración parcelaria, que supuxo a súa e mais outras detencións[2].
No 1979 conformou xunta con outros veciños a Agrupación Electoral Independente, formando parte da súa candidatura nas eleccións municipais e resultando ser a segunda forza máis votada, relativamente cerca da UCD que logrou unha axustada maioría absoluta, sendo elixido concelleiro. Nas municipais de 1983 volveu a ser elixido concelleiro, sendo nesta ocasión a forza a máis votada e empatando a 6 concelleiros con AP (que encabezaba o alcalde centrista saínte Celestino Pais Puga). Porén, a súa formación non logrou a alcaldía debido a que os aliancistas apoiaron o único concelleiro socialista José Pombo Grille. En outubro de 1985 integrouse xunta o seu grupo político en Coalición Galega[3], sendo o candidato ó Congreso nas xerais de 1986. Posteriormente aliñaríase co sector de Pablo González Mariñas e pasaría a formar parte do PNG.
Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PNG á alcaldía, sendo a segunda forza máis votada por detrás de AP e logrando a alcaldía grazas a un pacto coa CPG. Nas municipais de 1991 volveu a concorrer á alcaldía a través da CNG, sendo a terceira forza máis votada tralo PPdeG e o PSdeG-PSOE, aínda que houbo bastante igualdade entre ditas tres forzas. Desta forma perdeu a alcaldía fronte ó popular Juan Manuel Baleato, que a asumiu como forza máis votada. En agosto de 1992 chegouse a un pacto de goberno entre os populares e a CNG, sendo García Monteagudo portavoz do goberno[4]. Presentouse ás municipais de 1995 a través da Agrupación Dubresa Independente, conseguindo tan só un concelleiro e logrando o PPdeG maioría absoluta, polo que pasou á oposición e se retirou da política ó final do mandato.
Predecesor: José Pombo Grille |
Alcalde de Val do Dubra 1987 - 1991 |
Sucesor: Juan Manuel Baleato |
Vida Persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Pensado Grille e tiveron 4 fillos.