Saltar ao contido

Juan Manuel Baleato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Manuel Baleato
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Bembibre, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 2011 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Val do Dubra
1991 – 2011 (inhabilitación para cargos públicos)
← Manuel García MonteagudoCamilo Varela Mariño → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, futbolista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRoberto Baleato Pérez Editar o valor en Wikidata


Juan Manuel Baleato Iglesias, nado o 3 de febreiro de 1957 en Bembibre e finado en Santiago de Compostela o 17 de outubro de 2011, foi un futbolista e político galego, do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade dedicouse ao fútbol, co que militou no Dubra, Céltiga, Bergantiños FC, Ordes e SD Compostela. Traballou durante quince anos como secretario do xulgado de paz do Val do Dubra.

Presentouse á alcaldía de Val do Dubra por primeira vez con Alianza Popular nas eleccións municipais en 1987 sendo a forza máis votada, pero non puido alcanza-la alcaldía debido a un pacto entre o PNG e a CPG que fixo alcalde ó nacionalista Manuel García Monteagudo. Nas municipais de 1991 volveu se-la forza máis votada e foi elixido alcalde por maioría simple, xa daquela á fronte do Partido Popular. Gobernou en minoría ata agosto de 1992[1], cando alcanzou un pacto coa CNG que encabezaba o exalcalde García Monteagudo.

Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas convocatorias electorais (1995, 1999, 2003, 2007 e 2011) ata que en setembro dese último ano foi condenado pola Xustiza a sete anos de inhabilitación por un delito de prevaricación, logo de que operarios do concello retirasen en 2007 cascallo dun predio privado sen o consentimento do seu propietario. Baleato viuse obrigado por lei a dimitir e foi substituído o 10 de outubro de 2011 de forma provisional pola concelleira popular Rosa Parafita e de forma definitiva polo tamén popular Camilo Varela Mariño. Uns días despois de abandonar a alcaldía, Baleato falecía dun infarto.[2]


Predecesor:
Manuel García Monteagudo
 
Alcalde de Val do Dubra
 
1991 - 2011
Sucesor:
Camilo Varela Mariño

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Un ano despois do seu falecemento o campo de fútbol de Bembibre cambiou de nome, pasando a chamarse Campo Juan Baleato.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casado, e tivo dous fillos, un deles o futbolista Roberto Baleato.[4]

  1. Nova en La Voz de Galicia ed. Santiago, 6-8-1992, p. 30.
  2. Juan Manuel Baleato, ex alcalde de Val do Dubra, fallece a los 54 años víctima de un infarto Arquivado 20 de outubro de 2011 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 17/10/2011.
  3. "El campo de fútbol de Bembibre pasa a llamarse hoy Juan Baleato". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de decembro de 2012. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  4. Calvo, Naso (13 de maio de 2020). "Roberto Baleato: «Después de cumplir esta semana los 30, me siento como un chaval de 18»" (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]