Manuel Camacho Garrote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Camacho Garrote
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro de fútbol Editar o valor em Wikidata

Manuel Camacho Garrote, nado en Córdoba o 8 de xuño de 1993, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na UD Sur da súa cidade natal. Interesado xa pola arbitraxe, ao estar federado como xogador non podía dirixir partidos de fútbol, polo que actuou como árbitro de fútbol sala durante dous anos.[1] Ao deixar de xogar ao fútbol herba pasou a arbitrar nesa superficie e foi subindo polas diferentes categorías rexionais andaluzas, ata chegar á Terceira División na tempada 2018/19.[2] En 2021 conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF, onde permaneceu só un ano, ao lograr un novo ascenso en 2022, desta vez á Primeira División RFEF.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Árbitros, vecinos y amigos en el fútbol provincial" (en castelán). 2 de xullo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  2. "Camacho Garrote, el colegiado acusado de inventarse un acta, arbitrará al Deportivo en el Cerro del Espino" (en castelán). 22 de marzo de 2024. Consultado o 23 de marzo de 2024. 
  3. ""Quiero llegar, pitar y que nadie se acuerde de mi nombre"" (en castelán). 26 de xullo de 2022. Consultado o 23 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]